Participa en Poio

Participa en Poio é unha plataforma de proximidade para a participación individual e colectiva da cidadanía, promovida pola concellería de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns do Concello de Poio.Nesta ocasión realizamos o deseño da identidade corporativa e da web coa finalidade de achegar a cidadanía esta iniciativa dunha maneira máis próxima.Traballamos na idea de comunicación, de interactuar entre as asociacións e a cidadanía do concello. A “P” do concello como bocadillo onde todas as opinións contan, onde as propostas parten de calquera persoa que teña algo que dicir.