Ola!

Creado en 2002 creemos firmemente que o deseño mellora a imaxe das empresas e das institucións. Deseñamos conceptos, historias, marcas para crear un vínculo entre empresa e cliente, entre institucións e persoas. Un bo deseño aporta claridade, información, emoción e proximidade para poder conectar coa audiencia dunha maneira efectiva e impulsar as empresas a un nivel maior.

Desenvolvemos proxectos de todo tipo e ofertamos unha asesoría e xestión integral de imaxe e comunicación, implicándonos en todo o proceso estratéxico e de deseño, nun entorno axeitado para escoitar as necesidades e estudando caso a caso cada proxecto.

IMAGEN 4

ESTHER BAILÓN VEGA

Socia fundadora de ERA

Licenciada en Belas Artes, con especialidade en Deseño e Audiovisuais pola Universidade de Vigo.

Master en Comunicación en Medios Dixitais e Creación de Contidos para Redes Sociais pola Universidade de Vigo.

IMAGEN 4

J. ANTONIO PÉREZ GIL

Socio fundador de ERA

Graduado en Deseño Gráfico pola Escola Superior de Deseño de Lugo. Conta con máis de 23 anos de experiencia profesional no sector traballando en distintos estudios de deseño e de arquitectura.

Igdea Awards 2017
OURO ao mellor cartel / Best Poster Festa do Mar 2015.

Premios Anuaria 2019
Selección. Mellor campaña de interés social Ben Veñas Maio.

Premios Anuaria 2017
Selección. Mellor cartel XXIV Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

Premios Anuaria 2016
Selección. Mellor cartel Festa do Mar 2015.

Premios Anuaria 2012
Selección. Mellor portada dunha revista 20 Anos.
Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

Premios Anuaria 2012
Selección. Mellor catálogo Artistas. Universidade de Vigo.

I Edición Premio “El diseño crea igualdad” 2004

Preselección e publicación de cartel.

Concurso convocado polo Instituto de la Mujer, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

Concurso profesional para o redeseño da identidade corporativa do Concello do Rosal. Gañadores.

Anuario Creatividade Galega 06/07/08/09/10/11. Selección.
Creatividade Galega Anuario.