Mercado de Nadal
Co obxectivo de traer un pouco de luz e alegría ó 2020, o Concello de Pontevedra decidiu realizar un cambio na céntrica praza da Ferraría e reformular o que sería unha imaxe de Nadal. A proposta consistiría nun poboado de Nadal na praza enmarcando o tradicional árbore de todos os anos.Nesta ocasión encargámonos da organización, comercialización e decoración de toda a praza xunto con Taller Abierto, coa finalidade de conseguir unha estampa invernal que parecera sacada dun conto. O poboado contaba con 15 expositores diferentes onde se podían atopar produtos de Nadal de todo tipo, dende decorativos, gastronómicos, etc.