Inventio Mundi
Navegantes galegos
En 2019 conmemorouse o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII» instalada no Museo de Pontevedra amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia.A mostra relata, en 35 paneis, a historia da navegación galega que arranca no interese comercial coas Illas Molucas e que deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros.O cartel, e polo tanto o material gráfico realizado para a exposición, pretende reflectir ou evocar unha época na que o novo mundo estaba só ao alcance dos máis aventureiros, que arriscaban as súas vidas para descubrir novas terras, rutas marítimas e culturas.Cando recibimos o material da exposición supuxemos a dureza que sería para o espectador enfrontarse a 35 paneis desbordantes de texto e imaxes. Foi por iso, para romper a monotonía, polo que propuxemos a construción de estruturas buscando un paralelismo entre as estruturas navais e as da exposición.