Cómic Gago de Mendoza
O 4 de abril celébrase o Día da Liberación de Marín polas Alarmas do Morrazo, que formadas por máis de 500 valentes veciños armados con fouces, forcadas e a súa coraxe lograron derrocar as tropas napoleónicas que ocupaban o Forte de San Fernando.No 2019, con motivo da conmemoración do 210 aniversario, o Concello decidiu encargar unha publicación en forma de cómic para achegar ós veciños, sobre todo á xuventude, esta parte da súa historia e a do heroe marinense Gago de Mendoza, organizador de ditas alarmas.Ademais da ardua labor de investigación, o guión, a estrutura, a iluminación... de todos os elementos que compoñen a planificación do cómic, démoslle especial importancia á elección das cores. Empregamos unha gama fría para facilitar a lectura sen distraer con moito colorido e algunhas cores cálidas para resaltar detalles puntuais.Para este traballo contamos con Celsius Pictor, ilustrador independente e artista visual galego co que traballamos habitualmente. O texto foi extraído dun escrito de Ana Isabel Martínez Pazos e baixo a supervisión de Manuel Torres Viqueira, apaixonado defensor desta fazaña.