Fogarcan

A asociación de voluntarios da Canceira de Poio solicitou a nosa axuda para a creación da súa marca. A implicación emocional neste proxecto supuxo que unha vez finalizado decidíramos a doazón da identidade corporativa, que despois o Concello de Poio adoptou como marca institucional.Buscamos crear unha imaxe amable, a vez que establecer un sentimento de empatía de cara aos protagonistas e a labor da xente que traballa de maneira altruísta na canceira. Creamos unha imaxe dinámica onde ademais dun logotipo principal, podemos adoptar diferentes versións utilizando calquera das ilustracións de cans que fixemos para a identidade.