Festa do Mar 2015
Traballo premiado nos PREMIOS ANUARIA coa SELECCIÓN ANUARIA 2016. Mellor cartel. Traballo premiado nos IGDEA AWARDS 2017 Europa. Mellor cartel na categoría Best Poster.
Galicia sempre tivo unha relación moi próxima co mar tanto a nivel económico, como cultural, artístico ou arquitectónico. A cantidade de concellos que se estenden o longo da costa galega danos unha idea da vinculación que temos co mar.
A Festa do Mar é un evento festivo, cultural e gastronómico que se celebra todos os anos en Combarro, un pequeno pobo pesqueiro da costa de Galicia. Nesta ocasión realizamos un cartel onírico onde o home e o mar se fusionan, creando deste xeito unha homenaxe ao mundo do mar, a gastronomía, a música e a artesanía.