Concello de Poio

Historia e tradición

A nova marca institucional do Concello de Poio pretende unha renovación desde a síntese pero sen prescindir da representación gráfica dos seus símbolos históricos. Partindo como referencias dun antigo cuño e un escudo en pedra achados no Mosteiro de Poio ata a elección da tipografía de Marcos Dopico, a galega Isaac Sans, todo vira arredor da recuperación da súa identidade cultural, histórica e territorial.
Empezamos o proxecto documentando a imaxe gráfica do Concello e traballamos, da man do Consello de Heráldica de Galicia, partindo da descrición heráldica do Informe oficial do BOLETÍN DA REAL ACADEMIA DA HISTORIA do ano 1975.
Nun exercicio de sinopse e lixeireza de elementos a marca será representada, na maioría dos casos, nunha soa cor oro con acabado metalizado, desta maneira conseguimos un resultado elegante, de corte institucional e ao mesmo tempo económico a hora da implantación nos diferentes soportes.