Pontevedra Vívese

Un ano máis o Concello de Pontevedra depositou a súa confianza en nós para realizar o deseño do programa festivo de verán.Nesta ocasión realizamos unha axenda con toda a programación de verán e un folleto complementario para as festas da Peregrina.A idea gráfica trasládanos a un estilo máis retro no que se inclúe o deseño na contraportada dunha postal “como as de antes”. Algo que anos atrás era moi habitual facer nos meses de verán para envialas como recordo da cidade a familiares e amigos, gozar das súas festas e sobre todo, presumir de cidade. A parte da postal que incluía o programa de verán, tamén se fixeron outras postais independentes que podían recollerse no concello con imaxes da cidade dun modo pictórico.